P15 Ferramentas xenéticas: unha cebra na auga e DNI xenético
Obxectivo
Manexo no laboratorio do peixe cebra, un organismo modelo en experimentación, e coñecemento das súas aplicacións na investigación do cancro e das enfermidades raras. Aplicación do DNI xenético para a identificación de individuos e a resolución de paternidades en acuicultura.Lugar de realización
Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física (Area Xenética), Facultade de Veterinaria, Pavillón 4/2Descrición
O peixe cebra (Danio rerio) converteuse nun organismo modelo para a experimentación en diversas áreas, como a biomedicina, a acuicultura e a alimentación. A posibilidade de usar nas aulas especies animais que permitan poñer en práctica de maneira sinxela o método científico e coñecer ao mesmo tempo novas tecnoloxías biolóxicas para a experimentación, supón un achegamento ao mundo da investigación co propósito de incentivar as vocacións científicas nos estudantes. Empregarase o peixe cebra como un organismo modelo no laboratorio para a modelización de enfermidades raras e para saber como se traballa para tentar mellorar a vida dos pacientes con cancro.
Entre os estudos xenéticos que se poden realizar están as probas de paternidade para determinar o vínculo xenético entre un individuo e os seus proxenitores. Neste proxecto realizaredes as técnicas moleculares e os análises necesarios para resolver casos reais de probas de paternidade en animais. As probas de paternidade basearanse na análise mediante PCR de rexións de ADN repetido hipervariable (ADN microsatélite). Ademais, as e os participantes no taller poderán coñecer o traballo habitual que se fai na empresa GENEAQUA “Genetic Technology for Aquaculture” de base tecnolóxica (EBT), spin-off da Universidade de Santiago de Compostela.