P16 Fai tremer os teus cimentos
Obxectivo
Deseñarás e construirás unha mesa vibratoria para estudar o comportamento dinámico das estruturasLugar de realización
Nave de Vialidade – EPS de Enxeñaría
Aula de instrumentación – EPS de EnxeñaríaDescrición
Cando se produce un terremoto a enerxía que se libera chega á superficie do terreo en forma de ondas sísmicas, como enerxía vibratoria. Esas ondas fan que as estruturas que construímos comecen a moverse e, dependendo da súa rixidez e distribución de masas e tamén da frecuencia do movemento, a resposta que dan é diferente.
Neste obradoiro imos deseñar e construír unha mesa vibratoria 1D controlada por arduino, que permita aplicar sobre maquetas de estruturas ondas de diferentes tipos para ver cómo responden, analizando o comportamento dinámico que presentarían no caso de que se producise un sismo. Instalando acelerómetros na mesa vibratoria e nas maquetas podemos obter o acelerograma do terremoto como o rexistraríamos nun sismógrafo e as aceleracións que sofren os distintos elementos da estrutura.
Palabras chave
Terremotos, arduino, estruturas, enxeñaría civil