Animal CSI: realidade ou ficción?

Obxectivo
Coñecer algunhas das técnicas empregadas nos laboratorios necesarias para a investigación da causa da morte en animais
Lugar de realización
Sala de Necropsias e Laboratorios de Anatomía Patolóxica (pavillón III, Facultade de Veterinaria)
Descrición
A morte dos animais en ocasións suscita un grande interese social e mediático, ben porque se sospeita que poida existir intencionalidade (por exemplo, por envelenamento, falta de coidados, maltrato…) ou ben porque é necesario descartar a existencia de enfermidades que supoñan un risco para a saúde humana ou/e animal. Detrás dalgúns destes casos existe unha investigación xudicial que require da colaboración de laboratorios especializados. Neste obradoiro participaredes nalgunhas das técnicas que habitualmente se empregan para determinar a causa da morte: a necropsia, a toma de mostras para estudos de laboratorio, o procesado de tecidos e o seu posterior estudo microscópico. Por outra banda, teredes a oportunidade de examinar estruturas óseas e esqueletos, o que resulta especialmente útil, por exemplo, para diferenciar ósos de diferentes especies, idades ou para a interpretación de lesións óseas.
Palabras chave
enfermidades, investigación, diagnóstico veterinario, anatomía patolóxica, laboratorio