P11 Supera este reto! Educando con ciencia

Obxectivo
Experimentar con distintos recursos e metodoloxías activas que se empregan na didáctica da expresión corporal, da matemática e das ciencias experimentais.
Lugar de realización
Facultade de Formación do Profesorado e Parque Rosalía de Castro
Descrición
Como podemos ensinar e aprender máis alá do libro de texto e das rutinas tradicionais? Neste proxecto experimentarás de forma vivencial con distintas metodoloxías e recursos baixo a batuta de docentes de distintas disciplinas do campo das Didácticas Aplicadas.
O proxecto estará dedicado cada un dos días a un ámbito de coñecemento distinto:
  • O primeiro día resolverás retos motores nos que o éxito dependerá da colaboración das/os participantes para indagar, compartir estratexias, poñelas a proba e chegar a unha solución, baixo unha óptica de aprendizaxe cooperativa na que se busca que as e os participantes “aprendan a cooperar” e “cooperen para aprender”. Trátase de estratexias innovadoras que se poderían seguir nunha clase de educación física.
  • Unha boa forma de aprendeciencias é facer de científicx… O segundo día experimentarás con prácticas científicas no laboratorio e no exterior que se poderían trasladar a unha aula de educación primaria ou secundaria. Pretenden ilustrar como ‘‘sacar a ciencia dos libros de texto’’.
  • A matemáticas son abstractas, de aí que a algunhas persoas se lles resistan… Porén, as máis das veces podemos usar modelos concretos que axuden a visualizalas, a ensinalas e aprendelas… e a querelas! O últimos día probaremos cunha variedade de material manipulable, xogos e propostas que poden valer para isto.
Palabras chave
Didácticas Aplicadas; educación primaria; educación secundaria