P13 Facer ciencia coas letras.

Obxectivo
Coñecer as “tripas” dun Arquivo Histórico.
Lugar de realización
Arquivo Histórico Provincial de Lugo
Descrición
En tres xornadas descubrirás como é un arquivo por dentro e todos os servizos e posibilidades de descuberta que ofrece. Atréveste a entrar e recorrer un lugar de acceso prohibido e tocar papeis escritos hai séculos? Queres recuperar documentación en tan mal estado que se che revolvan as tripas de noxo? Apetéceche traballar atendendo ao público que necesite consultar documentación antiga para poder facer unha investigación histórica ou para buscar probas que acrediten que teñen dereito sobre as súas propiedades? Interésache investigar sobre crimes cometidos no pasado e coñecer as penas que se lles impuxeron aos delincuentes?
Todo isto e máis será posible se te animas a facer este obradoiro que ten como meta que te achegues ao universo da investigación no eido das Humanidades.