Cando e onde ten lugar?

Do 2 ao 8 de xullo 2023 no Campus Universitario de Lugo. Con programa científico de día, actividades lúdicas no serán e á noitiña e o aloxamento.

A entrada será o domingo 2 de xullo, desde ás 18:00 H ata ás 21:00 H. A saída, o sábado 8 de xullo, desde as 09:00 H ata as 10:30 H. Para garantir o bo funcionamento do Campus de Verán non se permiten entradas e saídas fóra do horario establecido.

Quen pode participar?

O alumnado de 4º ESO e BAC así como de ciclos medios de FP. A idade máxima é 19 anos.

En que consiste?

O programa do Campus de Verán XuvenCiencia céntrase na realización de proxectos científicos e obradoiros e complétase con outras actividades como xincanas, visitas, concursos, unha festa de despedida… e algunha sorpresa máis!

Ofértanse actividades nos ámbitos científico-técnico e científico-social, así como no campo das artes e das humanidades. O reparto de ditas actividades faise segundo as preferencias que indicades na vosa preinscrición.
A partir das 18:00 participaredes todas e todos en actividades lúdicas dentro do programa Lumieira Acompaña.

Aloxamento

O fomento da convivencia, dentro e fóra das actividades científicas, constitúe un dos principais valores que se pretende impulsar dende o Campus XuvenCiencia e por iso, na edición deste ano, inclúese unha vez máis o exitoso programa Lumieira Acompaña, con actividades para as tardes e noitiñas, e aloxamento en residencias do Campus para todo o alumnado matriculado!

Desde a organización destácase que máis aló do fomento de vocacións científicas, XuvenCiencia conforma unha oportunidade única para que o alumnado coñeza e conviva con xente de toda Galicia e doutras partes do territorio español que nun futuro poden ser compañeiros de carreira. Asemade, o desenvolvemento persoal e a cooperación resultan aspectos fundamentais que desde XuvenCiencia pretenden reforzarse.

O Campus XuvenCiencia ofrécese unicamente en réxime de aloxamento.

Máis información sobre o aloxamento.

Prezo

250 € para o Campus de Verán XuvenCiencia cos programas de serán e noitiña Lumieira Acompaña e con aloxamento.
A matrícula inclúe a participación nas actividades do Campus, o programa de tarde e noite Lumieira Acompaña, o material necesario para o Campus, o seguro, o xantar e almorzo de media mañá nun comedor universitario, así coma o diploma de participación da USC. Ademais, inclúe a pensión completa desde o domingo 2 de xullo ao sábado 8 de xullo (6 noites de aloxamento con almorzo e cea), con acompañamento de monitores titulados da A.D.C. Lumieira Lugo.

Covid-19

Como podo participar?

O proceso consta de dúas fases, a Preinscrición e a Matrícula:

Preinscrición

Prazo para a preinscrición: 5 de maio, 15:30 H ata o 14 de maio, 23:59 H

Enche o formulario de preinscrición e indícanos as túas actividades preferidas!

Infórmate sobre as actividades e proxectos na nosa páxina web antes da preinscrición.

Adxudicaremos a metade das prazas na orde da recepción da preinscrición e a outra metade por sorteo entre todo o alumnado inscrito.

Unha vez finalizado todo o proceso de preinscrición e matrícula asignamos os proxectos seguindo as preferencias de cada un/unha e seguindo unha orde aleatoria, non por orde de inscrición. Deste xeito aseguramos a todo o alumnado as mesmas oportunidades de optar aos seus proxectos preferidos.

Se tes dúbidas por favor escribe a xuvenciencia.matricula@usc.es

Matrícula

Pendente de actualizar.

Preguntas e respostas sobre o proceso de matrícula

Como accedo ao formulario?

No formulario de matrícula da USC debe identificarse o alumnado maior de idade ou o seu pai/nai/titor se é menor de idade. O formulario permite diferentes métodos de identificación: credenciais para persoal da USC, certificados electrónicos e DNIe, Cl@ve, e contas de Google ou Microsoft. Para acceder a estes métodos de identificación baixa na páxina de matrícula.

Como fago o pago da cota?

Realizas o pago da cota durante a matrícula e unicamente con tarxeta bancaria. O prazo de pago acaba ao final de cada fase de matrícula. Lembra que a matrícula soamente é válida co pago da cota. Se tes problemas co proceso de pago, consúltanos en xuvenciencia.matricula@usc.es

Se xa realicei o pago da matrícula, que teño que facer agora?

Xa case estás. Imprime e asina o documento de autorización (a páxina 4 da solicitude en PDF que xera o formulario de matrícula) e gárdao para a súa entrega na entrada do Campus.

En xuño enviarémosche máis información sobre o Campus e o aloxamento. Se tes dúbidas, pregunta en xuvenciencia.matricula@usc.es

Cando se saberá en que proxecto fun admitido?

Asignaremos os proxectos unha vez completada a matrícula. Na entrada ao Campus recibirás o teu portanome coa información sobre o teu proxecto.

Recibo un xustificante da matrícula ao enviar o formulario?

Ao finalizar a matrícula, debes descargar a solicitude co documento de autorizacións, pero non se envía un correo.

Como podo recuperar a solicitude co documento de autorizacións se esquecín de descargalo durante a matrícula?

Podes ver e descargar as solicitudes presentadas entrando nesta ligazón https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/persoais/solicitudes/acceso.htm co mesmo certificado ou identificación que usaches durante a matrícula. Se tes problemas para acceder, podemos enviarche por correo o CSV do xustificante da solicitude.

Como podo realizar o pago se xa saín do formulario de matrícula?

Se entras na ligazón https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/persoais/solicitudes/acceso.htm co mesmo certificado que usaches durante a matrícula, poderás ver a solicitude e tes acceso á pasarela de pago.

Con todo, esa ligazón non permite identificarse con redes sociais. Neste caso identifícate primeiro no propio formulario de matrícula por redes sociais, pero en vez de encher os datos abre a ligazón de solicitudes  https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/persoais/solicitudes/acceso.htm para acceder á pasarela de pago.

Se todo falla, enche de novo o formulario de matrícula cos teus datos, realiza o pago e, por favor, avísanos por correo electrónico do dobre envío.

Pero ten en conta que debes realizar o pago no prazo da convocatoria na que fuches admitido. Unha vez pasado o prazo, sortearemos a túa praza entre o alumnado da lista de espera.

Se tes dúbidas coa matrícula por favor escribe a xuvenciencia.matricula@usc.es

Réxime Interno do Campus XuvenCiencia

Descarga aquí o réxime interno.

Preguntas e respostas sobre o Campus XuvenCiencia

O Campus é só para alumnado de itinerarios científico tecnolóxicos ou de ciencias da saúde?

Non!!! entre os proxectos e actividades ofertamos opcións vencelladas ás Ciencias Sociais e ás Artes e Humanidades.

A adxudicación de prazas será por orde de preinscrición na web?

Adxudicaremos a metade das prazas na orde da recepción da preinscrición e a outra metade por sorteo entre todo o alumnado inscrito.

Que actividades podo escoller?

Cando vos preinscribades no Campus teredes puntuar as seguintes actividades segundo as vosas preferencias:

Proxectos (Martes, Mercores e Xoves pola mañá)

Visitas e obradoiros (Martes e Mércores pola tarde e Venres pola mañá)

Consulta a web para saber o que se fai en cada actividade.

Cando me teñen que levar e cando deberán vir por min?

A entrada será na residencia Abeiro (na contorna do Campus de Lugo da USC) o domingo 2 de xullo, de 18.00 a 21.00 h, e a saída, na mesma residencia, o sábado 8 de xullo, de 9.00 a 10.30 horas.

Hai posibilidade de facer o Campus sen quedar a durmir?

O Campus XuvenCiencia só se oferta con aloxamento e pensión completa en residencias e comedores do Campus de Lugo. Entre ti e mais eu: a ciencia está xenial, moi, moi ben, pero a convivencia…