Coa colaboración de

Anatomía dunha troita

A profe María Rancaño Herrán e o seu alumnado do IES Xoán Montes de Lugo fedellan xa co kit Animal CSI de XuvenCiencia

María Rancaño Herrán é unha das docentes de ensino medio que vén de participar no Convivo de Ciencia, o primeiro campus científico para profes organizado por XuvenCiencia. Ela formouse no manexo do kit de experimentación Animal CSI.

Os experimentos no laboratorio inclúen a necropsia, preparación de materiais biolóxicos en portaobxectos para a súa avaliación microscópica, e a identificación de órganos, tecidos, células e patóxenos.

A metodoloxía de aprendizaxe está baseada na resolución de casos, para que os estudantes entendan a importancia da investigación e cómo se pode desenvolver cun material básico, o kit Animal CSI.

Clica e olla a nosa galería de fotos.

Un comentario en «Anatomía dunha troita»

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *