Os 45 docentes de ESO, BAC e FP que participaron no Campus Convivio coñeceron o 15 de outubro unha iniciativa desenvolvida na EPSE no marco do proxecto europeo PORTOS
O proxecto europeo PORTOS. Ports Towards Energy Self-Sufficiency (Autosuficiencia enerxética nos portos de Europa) ten por obxectivo avaliar, desenvolver e promocionar o uso integrado de recursos enerxéticos renovables en portos, especialmente enerxías renovables mariñas, para así acadar a súa autosuficiencia enerxética, establecendo unha folla de ruta cara a un sector máis competitivo.
Nesta investigación participa a área de Enxeñaría Hidráulica da EPSE do Campus de Lugo, a carón de 17 institucións e centros de I+D+i máis de Reino Unido, Francia, Irlanda, Portugal e España.