Coa colaboración de

Como obtemos enerxía a partir do musgo?

Alumnado de terciero curso de Educación Secundaria Obrigatoria do IES do Couto de Ourense presentou no V Congreso Científico da Montaña, celebrado no Courel, unha proposta que amosa como se pode obter unha fonte de enerxía renovable a partir da fotosíntese do musgo.

Lembrade que aproveitamos o V Congreso Científico da Montaña para presentar algunhas ds iniciativas máis interesantes xurdidas do proxecto Convivio de Ciencia, financiado pola FECYT e realizado grazas á colaboración da Xunta de Galicia.

Así resumen desde o IES O Couto en que consiste a súa proposta:

O obxectivo do proxecto era obter enerxía a partir de musgo.

Imos empregar material reciclado para que o musgo estea aí e conectalo para xerar a suficiente electricidade para acender unha lámpada LED.

O musgo libera glicosa despois de realizar a fotosíntese e unhas bacterias absórbena. Estas bacterias soltan electróns e son canalizados por un ánodo e un cátodo para xerar electricidade.

Podedes ler o póster completo nesta ligazón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *