Coa colaboración de

Como vai ese frotis?

As integrantes do grupo do kit Animal CSI celebraron o 16 de novembro o seu primeiro Café Convivio

As profesoras e investigadoras da facultade de Veterinaria do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela Maribel Quiroga, Marta López, Ana Losada, Ana Manuela Azevedo e Sabela Al Soufi reuníronse este mércores nunha cita telemática coas profes de Ensino Medio que se sumaron este curso ao proxecto Convivio de Ciencia a través do kit Animal CSI.

Estas reunións informais para facerlle un seguimento aos experimentos e traballos que o profesorado de ESO, ciclos de FP e BAC desenvolven nas súas aulas cos kits de XuvenCiencia reciben dentro do proxecto Convivio de Ciencia a denominación de Cafés Convivio.

En palabras de Marta López, as docentes que participan desde os institutos nesta iniciativa de XuvenCiencia:

Están traballando moi ben coas necropsias de peixes e os frotis de sangue, tanto con alumnos de Bioloxía como de Anatomía de BAC.

Se queredes repasar a galería de imaxes que nos pasou a profesora María Rancaño Herrán, do IES Xoán Montes de Lugo, das necropsias de troitas realizadas polo seu alumnado, podedes clicar na seguinte ligazón.

Nestoutras teredes a oportunidade de lembrar os primeiros Cafés Convivio dos proxectos AquaLab e DNA Meat e de achegarvos ao concepto de lean coffee nos que se inspiran.

Convivio de Ciencia desnvólvese co apoio da FECYT e os CFR da Xunta de Galicia.

 

O equipo do kit animal CSI celebra o seu primeiro Café Convivio.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *