Integrantes do grupo de innovación docente do Campus de Lugo da USC, de diferentes áreas de coñecemento e xeracións distintas, achegan as súas experiencias a alumnado de primaria e secundaria o venres 10 de febreiro
No marco do actual proxecto FECYT Convivio de Ciencia, imos realizar un coloquio para celebrar o Día das Mulleres e as Nenas na Ciencia, onde participarán investigadoras ligadas ao Grupo XuvenCiencia en distintas etapas da súa carreira científica. A mesa redonda terá lugar no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC e retransmitirase por streaming o vindeiro venres 10 de xaneiro ás 12:00h (11:30 h para comprobar a conexión). A duración estimada é de 60 min.

O streaming será via YouTube e habilitarase un chat para facer preguntas por parte do alumnado e profesorado participante. Ademais, a sesión quedará gravada para que poidades acceder en outro momento se non podedes tomar parte o venres.
Se estades interesados/as en participar, tanto presencialmente como seguindo o streaming, por favor enviade un correo a xuvenciencia@usc.es
Se tedes algunha dúbida, estaremos encantadas de resolvela.
Podedes descargar aquí o folleto e o cartel da actividade en PDF.