Coa colaboración de

Fin de curso no Congreso Científico da Montaña

Cinco proxectos desenvolvidos ao abeiro do proxecto Convivio de Ciencia, financiado pola FECYT, presentaranse os días 15 e 16 de xuño nun encontro no CPI do Courel

Achégase a fin de curso e toca tamén facer balance do proxecto Convivio de Ciencia, desenvolvido polo grupo de innovación docente XuvenCiencia de Lugo e financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT). A avaliación de Convivio de Ciencia terá lugar nunha cita especial: o V Congreso Científico da Montaña, que se celebrará o xoves 15 e o venres 16 de xuño no CPI Uxío Novoneyra do Courel, coa participación de cinco propostas de Convivio de Ciencia.

CENTRO RESPONSABLES CURSO TÍTULO RESUMO AUTORES
IES Xoán Montes de Lugo

VÍDEO

María Rancaño Herrán

 

 

1º BAC

 

Aquafish del Noroeste

 

Vídeo dunha necropsia de robaliza e analítica da auga dunha piscifactoría nun laboratorio para ver a causa da morte Adrián Rodríguez Díaz
Zaira García Varela
Lucía Vázquez López
Lucía Castaño López
Mª Victoria Laya Perales
Ana Isabel Pena Rivas
Manuela Pita Casal
Carmen Rodríguez Piñeiro
Laura Bazarra Rodríguez
Alejandra Camuñas Barreira
Antía Lamela Méndez
Antía Miragaya Vázquez
Mª Cecilia Plaza González
Olalla Torrón Núñez
IES Xoán Montes de Lugo

PÓSTER

Amparo Veiga
María Souto
4º ESO Unha experiencia de clonación vexetal con acrivro Reproducimos, nas condicións do noso centro educativo, os pasos necesarios para a clonación da especie Ilex x koehneana,  dende a preparación dos medios de cultivo ata a aclimatación dos explantos obtidos.  Logramos unhas condicións de asepsia aceptables para o establecemento in vitro das nosas mostras, aínda sen cámara de fluxo laminar, mediante o uso de chisqueiros de alcohol; non observamos sinais de contaminación tras 40 días en ningún dos 24 recipientes preparados.
Ao mesmo tempo, testamos a influencia de auxina (AIB) aplicada mediante dúas técnicas, na formación de raíces e posterior desenvolvemento das plantas, cun 100% de aclimatación
Marta Cotillo Cagide
Icia Quiñoá Fariñas
Lucía Ramudo Vélez
Álvaro Pin Campo
Carla Mª Reija Torrón
Lucía López Rodríguez
CFEA de Sergude Boqueixón

PÓSTER

Carlos Vaamonde CM de Aproveitamentos e Conservación do Medio Natural (módulo de Produción de Planta Forestal en Viveiro) Prácticas de cultivo in vitro en Ciclos Medios de FP Estamos a realizar as actividades 7 e 8 do kit Vitroplant de XuvenCiencia, que son o enraizamento in vivo de Morus alba e ao mesmo tempo de aclimatación de Ilex x koehneana, previamente enraizado in vitro
IES O Couto de Ourense

PRESENCIAL

PÓSTER

Ibai Quinteiro

 

2º ESO Proxecto Braille O noso proxecto pretende transformar a impresora 3D do noso instituto nunha impresora braille. Con isto queremos facer un centro máis accesible a partir de ferramentas que xa temos. As impresoras braille e outras máquinas que se empregan para escribir neste alfabeto, como a máquina Perkins, son demasiado caras para nós e para o alumnado con menos recursos. Para levar a cabo o noso proxecto organizámonos en tres grupos especializados: investigación, programación e materiais. Desenvolvendo este proxecto, conseguimos saber como funciona o braille, programamos o alfabeto en GCODE e algunha palabra, e preparamos un prototipo para modificar a impresora 3D e poder facer os puntos no papel. Nadia Abreu Veloso
Xoana Álvarez Fernández
Aitana Blanco Muñoz
Tamirat Carballo Plágaro
Martina da Costa Fernández
Owen de la Cruz Hernández
Luis Feijoo Fernández
André González Pérez
Ainhoa González Gómez
Chloë Edelweiss González Pérez
David Graña Gómez
Aide Gulín Rodrigues
Ausberto Hernández Núñez
Raúl Limia Osorio
Antía Lorenzo Doval
Carla Martínez Pérez
Hugo Oliveira Fernández
Carlos Pérez Vázquez
Paula Rodríguez de la Fuente
Gabriel Rodríguez Prado
Nahomy Anthonella Rojas Contreras
Delia Rubín Gómez
Laura Salgado López
Alicia Salgado Bóveda
Iria Seguín Garrido
Shaila Trigo Crespo
IES O Couto

PRESENCIAL

PÓSTER

 

Ibai

 

3º ESO Electromusgo O obxectivo do proxecto era obter enerxía a partir de musgo.
Imos empregar material reciclado para que o musgo estea aí e conectalo para xerar a suficiente electricidade para acender unha lámpada LED.
O musgo libera glicosa despois de realizar a fotosíntese e unhas bacterias absórbena.  Estas bacterias soltan electróns e son canalizados por un ánodo e un cátodo para xerar electricidade
Mateo Silva Gamazo
Lois Rial Vázquez
Brais Guillermo Lasprilla Rodríguez

 

 

O V Congreso de Ciencia da Montaña está organizado pola rede Estudantes da Montaña Conciencia2, integrada polos CPI do Courel, Pedrafita, Navia de Suarna e Cervantes e polos IES de Becerreá e A Fonsagrada, que tamén amosarán as iniciativas do seu alumnado durante as dúas xornadas. A cita será presencial e retransmitida en streaming e contará coas charlas de Uxío Novo Rei, da Fundación Uxío Novoneyra, e do investigador da USC Julio Rodríguez López. A programación, que se pode consultar completa nesta ligazón, incluirá tamén roteiros, obradoiros, xogos populares e monólogos científicos a cargo de Eva Cabanelas.

2 comentarios en «Fin de curso no Congreso Científico da Montaña»

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *