O alumnado de primeiro curso de Bacharelato do IES Xoán Montes de Lugo participou no V Congreso Científico da Montaña, que tivo lugar os días 15 e 16 de xuño no Courel, cunha produción audivisual titulada ‘Aquafish del Noroeste’.
No vídeo, este grupo emprega o kit Animal CSI de XuvenCiencia para realizar a necropsia dunha robaliza e tamén desenvolven a analítica da auga dunha piscifactoría no laboratorio para procurar resolver a causa da morte de peixes.
Podedes ver aquí o vídeo completo:
Esta proposta do IES Xoán Montes de Lugo está enmarcada no proxecto Convivio de Ciencia de XuvenCiencia, financiado pola FECYT e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia.