Coa colaboración de

Unha clonadora vexetal

Alumnado de cuarto de ESO do IES Xoán Montes de Lugo logrou un éxito do cen por cento na produción e aclimatación de plantas de acivro. Esta experiencia foi presentada no V Congreso Científico da Montaña, que se celebrou os días 15 e 16 de xuño no CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel.

A proposta do IES Xoán Montes realizouse ao acubillo do proxecto Convivio de Ciencia de XuvenCiencia, financiado pola FECYT e coa colaboración da Xunta. Empregouse neste caso concreto o kit Vitroplant de XuvenCiencia.

Tendes todos os datos na galería de fotos:

VP1
« de 30 »

Así foi como se desenvolveu o traballo na aula:

Reproducimos, nas condicións do noso centro educativo, os pasos necesarios para a clonación da especie Ilex x koehneana, dende a preparación dos medios de cultivo ata a aclimatación dos explantos obtidos.

Logramos unhas condicións de asepsia aceptables para o establecemento in vitro das nosas mostras, aínda sen cámara de fluxo laminar, mediante o uso de chisqueiros de alcohol e sen observar sinais de contaminación tras 40 días en ningún dos 24 recipientes preparados.

Ao mesmo tempo testamos a influencia de auxina (AIB) aplicada mediante dúas técnicas, na formación de raíces e posterior desenvolvemento das plantas, acadando 100% de aclimatación.

Podedes ver a presentación completa aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *