Debido ao actual estado de alarma decretado pola pandemia de Covid-19 e tras coñecer esta semana as fases de desescalada previstas polo Goberno central, que impedirán a celebración do Campus de Verán XuvenCiencia nas datas e coas características coas que foi concibido, propoñémosvos a seguinte enquisa, na que podedes participar ao premer na seguinte ligazón:

Enquisa Campus XuvenCiencia 2020

Moitas grazas por participardes!!!

Agradeceríamos, tamén, que movésedes a enquisa entre compañeiros/as profesores e alumnado, para poder recabar a máxima información.

En breve poderemos achegarvos máis novidades.