‘XuvenCiencia. Fago, logo aprendo’ arranca a súa sexta convocatoria con seis kits para a investigación na aula

A iniciativa promovida polo grupo de innovación docente XuvenCiencia do campus de Lugo da USC vén de abrir a convocatoria para participar nas xornadas de formación de profesorado de ensino medio.

Un equipamento de trazabilidade alimentaria e outro de análise fotométrica do contido de proteína en leite serán as novidades para o curso 2019/2020, que seguirá a ofertar a posibilidade de experimentar co cultivo in vitro de plantas, o diagnóstico veterinario, as tecnoloxías da luz e a humidade do solo

O proxecto ‘XuvenCiencia. Fago, logo aprendo’ conta con chegar a máis dun milleiro de alumnos de Secundaria e Bacharelato este curso, vén de abrir a convocatoria para o profesorado de ensino medio que desexe participar na sexta convocatoria das xornadas formativas para docentes cos que arranca o proxecto.

As persoas interesadas en participaren nesta actividade formativa e incorporárense á familia XuvenCiencia poden formalizar a matrícula antes do 25 de novembro a través do formulario on-line da páxina web https://xuvenciencia.org/portal/xornada/vi-xornadas-xuvenciencia-para-profesorado/. Unha das novidades para a convocatoria 2019/2020 reside en que por primeira vez se ofertan programas diferenciados para os profesores novos en XuvenCiencia e para aqueles que xa teñen participado en anteriores anos académicos e queren afondar na metodoloxía investigadora.

Programa resumido

Coa colaboración da
Logotipo de la Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.