logo animal CSI

Trátase dun kit para acercar ao alumnado as actividades de investigación no ámbito da patoloxía veterinaria.

O kit contén o material necesario para o desenvolvemento de actividades sinxelas que o profesorado dos centros educativos pode realizar con grupos de estudantes, así como unhas fichas de apoio que sirven como guion para as actividades.

As distintas actividades propostas están deseñadas para que o estudantado se familiarice co método científico e a súa linguaxe particular, aprenda conceptos básicos de forma divertida e, en definitiva, descubra o científico que leva dentro. Os experimentos no laboratorio incluen a necropsia, preparación de materiais biolóxicos en portaobxectos para a súa avaliación microscópica, e a identificación de órganos, tecidos, células e patóxenos. A metodoloxía de aprendizaxe está baseada na resolución de casos, para que os estudantes entendan a importancia da investigación e cómo se pode desenvolver cun material básico, o kit Animal CSI.

As actividades propostas son as seguintes:

Área de coñecemento: Bioloxía
Área responsable na USC: Patoloxía Animal, Facultade de Veterinaria

img_AnimalCSI_01

Compoñentes

  • 1 colección de 10 casos para ver ao microscopio óptico.
  • 1 caixa con 50 portaobxectos.
  • 1 caixa con 100 cubreobxectos.
  • 1 kit panóptico rápido para tinguiduras.
  • 3 recipientes para facer a tinguidura panóptico rápido.
  • 1 estoxo con material de disección:
    • 1 bisturí (con 2 follas cortantes).
    • 1 tesoira.
    • 1 pinza.
  • 1 pipeta de plástico.
  • 1 bote de solución salina (5 mL).
  • 1 par de luvas de nitrilo.
  • Material didáctico.

Formación básica Animal CSI (obrigatoria)

Curso presencial de carácter práctico nas instalacions da Facultade de Veterinaria USC (sala con microscopios) ou noutros centros que dispoñan de microscopios suficientes. O servizo non inclúe o desprazamento dos profesores a outros centros no caso de que a formación se realice fóra das instalacions da Facultade de Veterinaria USC.

Grupos de 4 a 8 persoas.

Duración: 4 horas.

Formación avanzada Animal CSI (opcional)

Curso presencial de carácter práctico nas instalacions da Facultade de Veterinaria USC (sala con microscopios) ou noutros centros que dispoñan de microscopios suficientes. O servizo non inclúe o desprazamento dos profesores a outros centros no caso de que a formación se realice fóra das instalacions da Facultade de Veterinaria USC.

Grupos de 4 a 8 persoas.

Duración: 4 horas.

Para adquirir un kit Animal CSI sigue as instruccións da XuvenTenda.

 

Coa colaboración da
FECYT