O kit levará os elementos necesarios para levar a cabo tres actividades:
- Actividade 1: montaxe do sensor de humidade do solo capacitivo
- Actividade 2: calibración do sensor, obténdose unha curva de calibración medindo a resposta do sensor e o contido de auga no solo mediante pesado dunha maceta de solo
- Actividade 3: realización dun balance de auga na maceta de solo, para estimar a perda de auga por evaporación desde o solo, para o que se medirá o contido de auga no solo mediante pesada, a auga aplicada e a drenaxe
As actividades están pensadas para que os profesores poidan realizalas de forma autónoma, aínda que existirá seguimento e asesoramento continuo por parte dos responsables do proxecto na universidade.
Proponse montar un equipo rexistrador en continuo da humidade do solo, temperatura e humidade relativa do aire, usando un sensor do contido da auga do solo de tipo capacitivo e un sensor dixital de temperatura e humidade relativa conectado a unha placa Arduino® Uno. Inclúense tamén actividades de programación da placa Arduino® para a medición e rexistro dos datos procedentes dos sensores. Este equipo aplícase, nunha segunda fase, na calibración dos valores de saída da sonda de humidade do solo mediante comparación con valores reais da auga do solo determinados nuna maceta con suelo mediante pesada. A terceira actividade do kit consiste en calcular o balance hídrico no tarro para estimar a evaporación da auga do solo e correlacionar este parámetro coas variables ambientais (temperatura e humidade relativa). Para isto se usan os compoñentes do balance: entrada da auga, variación do almacenamento de auga no tarro e drenaxe.
Áreas de coñecemento: Tecnoloxía, Bioloxía, Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Área responsable na USC: Enxeñaría Agroforestal, Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Compoñentes
- 1 placa Arduino® Uno e accesorios.
- 1 placa Ethernet SD Shield.
- 1 sensor de temperatura e humidade relativa DHT11.
- 1 tarjeta micro SD 4 GB.
- 1 sensor de auga do solo capacitivo.
- 1 transformador 9V de corriente continua.
- 1 tarro.
- 1 soporte de tarros.
- 1 bote de plástico (1 L).
- 0,5 m de tubería plástica flexible transparente.
- 1 caixa de almacenamiento.
- Documentación impresa.
Formación básica Aqualab (obrigatoria)
Descripción
Curso presencial no laboratorio de hidráulica da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo (USC). Componse dun módulo teórico (2 horas) e un módulo práctico (4 horas).
Grupos de 6 persoas.
Duración: 6 horas.
Coa colaboración da