logo fotometrix

O kit Fotometrix ‘Análise Fotométrica do Contido de Proteína» ten como obxectivo familiarizar o alumnado coa análise química e bioquímica utilizando unha ferramenta de amplo uso como é o fotómetro e aplicándoa á determinación analítica da proteína contida nun alimento.

As actividades que se propoñen son as seguintes:

  1. exame do fotómetro para comprender os seus fundamentos e calibración
  2. comprobación da lei de Lambert- Beer utilizando unha substancia química coloreada,
  3. preparación dos reactivos para aplicar o método de Lowry,
  4. realización dunha recta de calibrado utilizando unha proteína patrón e
  5. determinación da concentración de proteína nas mostras de alimentos elixidas. Estas actividades serven así mesmo para traballar co alumnado o método científico e a análise cuantitativa de datos experimentais.

 

Kit Fotomtrix

Grupo de profesorado: Física e Química, Bioloxía. Áreas responsables na USC: Bioquímica, Química Física, Enxeñería Agroforestal e Expresión Gráfica da Enxeñería.

O kit desenvolverase durante o presente proxecto ‘XuvenCiencia. Fago, logo aprendo que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

O kit Fotometrix consta de dúas partes: un fotómetro, baseado no microcontrolador Arduino e a impresión 3D, que será deseñado e construído polos responsables do kit de maneira que permita a realización de medidas de absorbancia coa precisión adecuada, pero tamén sirva para mostrar os fundamentos da  fotometría, así como os reactivos e material necesarios para a valoración cuantitativa da proteína presente nun alimento utilizando o método de Lowry. Este método baséase na formación dun complexo coloreado da proteína presente na mostra ao engadir os reactivos, sendo a intensidade de cor proporcional á concentración de proteínas segundo a Lei de Lambert-Beer. Pódense utilizar diversos alimentos, mellor líquidos, como pode ser leite, zumes ou clara de ovo.

Compñentes dun fotómetro

Este kit pódese ampliar facilmente á determinación doutras substancias químicas de interese, como poden ser iones nitrato ou fosfato presentes en auga, metabolitos de interese médica, etc. Este tipo de experimentos poderían constituír proxectos de investigación para alumnado de programas STEM ou clubs de ciencia.

O kit Fotometrix

Máis información no noso blog!

(O fotómetro desenvólvese en cooperación co “Laboratorio de estudantes –Analítica Móbil” da Universidade de Ciencias Aplicadas de Hamburgo)

Coa colaboración da
FECYT