
Photonics Explorer é un kit de aula educativo con experimentos sobre a luz e a tecnoloxía da luz. O grupo XuvenCiencia é socio local en Galicia da ONG EYESTvzw (www.eyest.eu) para a distribución deste material experimental e adaptouno aos obxectivos educativos dos planos de estudo da ESO e de Bacharelato.
Photonics Explorer foi desenvolvido como parte dun proxecto europeo por un equipo internacional de profesorado e expertos en pedagoxía de 11 países da UE, co fin de adaptarlo aos diversos sistemas e culturas educativas.
A versión en galego da documentación de Photonics Explorer foi elaborada polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e contrastada polo profesorado experto do Grupo XuvenCiencia.
O kit está deseñado para que o estudantado poida experimentala emoción de facer ciencia coas súas propias mans. A documentación didáctica inclúe 8 módulos educativos con fichas informativas e de actividades, guías do profesorado e material multimedia. O material didáctico axuda ao profesorado a integrar fácilmente o kit nos seus planos e estilos educativos, facilitando a preparación das leccións e optimizando o tempo. A súa estrutura modular permite adaptalo material fácilmente ás necesidades da situación educativa. Os módulos pódense utilizar independentemente e están deseñados cunha duración que vai de 1 a 4 leccións (de 45 minutos) dependendo do tema. Tódolos experimentos pódense realizar na aula, sen necesidade dun laboratorio.


As actividades propostas son as seguintes:
Primeiro a terceiro da ESO (12-15 anos)
- Dío con luz: as propiedades da luz e o seu uso en telecomunicacións.
- Cor: percepción da cor, síntese aditiva e sustractiva de cores.
- Lentes e telescopios: refracción e formación de imaxes.
- O ollo e a visión: comparando o ollo humano coas cámaras dixitais, aprendendo sobre a acomodación no ollo.
Cuarto da ESO e Bacharelato (15-18 anos)
- Facendo luz: comparando eficiencia e sostenibilidade de fontes de luz.
- Difracción e interferencia: difracción nunha fenda, espectrometría.
- Polarización: aplicacións en pantallas e ciencias da vida.
- A ciencia como profesión: animando especialmente ás rapazas a cursar estudos en ciencias e enxeñarías.

Compoñentes
Para que o estudantado poida experimentar a emoción de facer ciencia coas súas propias mans necesita un material resistente, versátil e seguro. Cada kit de aula do Photonics Explorer contén máis de 110 compoñentes para realizar 8 experimentos diferentes en 10 grupos pequenos de 2 a 3 estudantes.
- 10 espellos de aluminio (7×7 cm).
- 20 polarizadores (7×5 cm).
- 10 conxuntos de filtros de cor (7×4 cm) (vermello, verde, azul, ciano, maxenta e amarelo).
- 10 módulos LED con LED vermellos, verdes e azuis.
- 10 conxuntos de lentes de plástico con distancias focais de 30, -30 e 150 mm.
- 10 láminas con fendas simples e dobres para experimentos de difracción óptica.
- 10 redes de difracción.
- 5 m de fibra óptica polimérica.
- 10 láseres seguros para a vista.
- 1 DVD incluíndo o material didáctico.

Material adicional do kit distribuido por XuvenCiencia
- Material didáctico impreso e encadernado.
- Caixa de complementos elaborada polo Grupo XuvenCiencia para facilitar o uso inmediato do kit na aula.
Formación básica Photonics Explorer (obrigatoria)
Curso presencial de carácter práctico para explicar o funcionamento básico do kit, que se imparte nunha aula do Campus de Lugo da USC ou noutros centros que dispoñan das instalacións adecuadas. O prezo do servizo non inclúe o desprazamento dos profesores a outros centros no caso de que a formación se realice fóra das instalacións do Campus de Lugo da USC.
Grupos de 6 a 16 persoas.
Duración: 4 horas.
Formación avanzada Photonics Explorer (opcional)
Curso presencial de carácter práctico para afondar nas actividades que ofrece este kit, que se imparte nunha aula do Campus de Lugo da USC ou noutros centros que dispoñan de instalacións adecuadas. O prezo do servizo non inclúe o desprazamento dos profesores a outros centros no caso de que a formación se realice fóra das instalacións do Campus de Lugo da USC.
Grupos de 6 a 16 persoas.
Duración: 4 horas.


Para adquirir un kit Photonics Explorer segue as instruccións da XuvenTenda.
Folleto do kit Photonics Explorer para descargar (pdf, 0,3 Mb)
Presentación do kit Photonics Explorer para descargar (pdf, 1,6 Mb)
A versión galega da documentación de Photonics Explorer foi elaborada polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.
Photonics Explorer é un programa educativo de EYEST vzw, y de B-Photonics
Coa colaboración da