RescueMe (Protagoniza a túa historia! Fontes orais e ciencia)
Este proxecto baséase no rexistro exhaustivo de memoria, é dicir, a recollida e recuperación de testemuños e vivencias que acheguen datos significativos ao coñecemento histórico e cultural. Isto fai necesario o manexo das TIC´s como clave fundamental nun proceso de aprendizaxe que expomos como experiencial: aprender investigando. Entendemos que boa parte do interese do proxecto radica en aplicar esta metodoloxía en áreas, como son as Humanidades e as Ciencias Sociais, na que a investigación non adoita estar presente á hora de formarse en virtude de vellas concepcións que as identifican coa pasividade e o traslado vertical do coñecemento.Para iso, as actividades serán programadas en dous tempos 1) entrega e explicación dos instrumentos tecnolóxicos e 2) utilización das mesmas como ferramentas de traballo co alumnado, tanto na aula como fóra dela.O kit educativo estará formado polas ferramentas TIC e fichas de apoio para a realización do proxecto. Ao longo de todo o proceso crearanse espazos, preferentemente virtuais, de comunidade tanto para o asesoramento técnico que poidan demandar desde os centros de ensino secundario como para o tratamento dos contidos.

Áreas de coñecemento: Historia, Antropoloxía.
Áreas responsables na USC: Historia contemporánea e Antropoloxía Social da Facultade de Humanidades

 

Coa colaboración da
FECYT