O kit Vitroplant permite realizar actividades relacionadas co cultivo in vitro de árbores, que poden levarse a cabo na aula ou no laboratorio. Consta básicamente de cultivos in vitro de varias especies arbóreas, en fase de multiplicación ou de enraizamento in vitro, e de outros materiais para levar a cabo a aclimatación dos cultivos. Para manter os cultivos é necesario dispor dunha pequena cámara de cultivo, para cuxa instalación danse algunhas instruccións nas fichas do kit. As actividades están pensadas para que os profesores poidan levarlas a cabo de forma autónoma, aínda que existirá un seguemento permanente por parte do responsable do proxecto na Universidade.
As actividades propostas son as seguintes:
- Actividad 1: obtención de explantos a partir de forzado de segmentos de rama.
- Actividad 2: observación e seguemento do enraizamento in vitro con distintos tratamentos.
- Actividad 3: enraizamento in vivo usando hormonas en talco.
- Actividad 4: observación da contaminación do cultivo en condicións non asépticas.
- Actividad 5: aclimatación progresiva do material propagado in vitro.
- Actividad 6: micropropagación mediante subcultivo.
- Actividad 7: desinfección de explantos e establecemento in vitro.
Contido do kit
- 5 recipientes con cultivos de Ilex e Morus.
- 3 matraces con cultivos de Betula.
- 6 recipientes con medio de cultivo estéril.
- 6 recipientes estériles para desinfección de explantos.
- 2 botes de auga destilada estéril.
- 10 láminas de papel de filtro (15 x 10 cm) estériles.
- 1 bolsa de segmentos de rama de diversas especies forestais.
- 1 bolsa de substrato estéril Turba:Perlita (2 L).
- 1 bandexa alveolada de 12 alvéolos (150 mL/alv).
- 12 vasos de plástico.
- 1 programador horario 24 h para enchufe.
- 3 tubos Eppendorf (2 mL) con AIB (0, 4000 e 8000 ppm, respectivamente) en talco.
- Carpeta coas fichas das actividades.
Formación básica Vitroplant (obrigatoria)
Descripción
Curso de formato presencial nas instalaciones do Laboratorio de Micropropagación da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) da USC. Componse dun módulo teórico (2 horas) e un módulo práctico (4 horas). Este curso non é obrigatorio para as personas que xa o realizaran unha vez e simplemente requiran o material de reposto Vitroplant.
Grupos de 4 a 6 persoas.
Duración: 6 horas.
Formación avanzada Vitroplant (opcional)
Descripción
Curso de formato presencial nas instalacións do Laboratorio de Micropropagación da EPSE. Componse dun módulo teórico (2 horas) e un módulo práctico (4 horas). Neste curso trataranse o manexo de follas de cálculo para a toma de datos, representación gráfica e análise dos resultados das actividades do kit e as actividades de establecimento de explantos e microinxertos.
Grupos de 4 a 6 persoas.
Duración: 6 horas.
Formación complementaria Vitroplant
Descripción
Se no centro que adquiriu o Kit Vitroplant non se dispón de cámara de fluxo laminar de aire, a actividade 6, «subcultivo sobre medio fresco», debe realizarse en condicións non asépticas, coa consecuente pérdida dos cultivos por contaminación.
Por isto ofrécese a opción de desenvolver, en condicións asépticas, a parte da actividad 6 correspondente a proceso de subcultivo no Laboratorio de Micropropagación da EPSE de Lugo.
Condiciones de realización
- A actividade realizarase nunha única sesión de 2 horas de duración, en horario previamente acordado polo responsable do laboratorio de micropropagación e o/a profesor/a do centro que desexa realizala práctica.
- O número máximo de alumnos/as por sesión é de 6.
- O centro que solicite realizala actividade pode solicitar tantas sesións como desexe.
- A solicitude debe realizarse cun mínimo de antelación de 30 días.
- O centro que realiza a práctica debe traer consigo o material proporcionado no kit Vitroplant correspondente á actividade 6 (recipiente de cultivo VP04), que se lle será reposto nas súas condicións orixinais sobre medio fresco ao final da actividade (1 recipiente con 8 explantos).
- Se o centro solicita máis dunha sesión, a actividade terá un custo adicional por sesión a partir da segunda sesión, correspondiente ao custo do recipiente de cultivo, cos seus respectivos explantos, que deberá proporcionar o laboratorio de micropropagación para poder realizala práctica.
Vitroplant (reposto de material perecedeiro)
Descripción
Material de reposto do material perecedeiro do kit Vitroplant.
Compoñentes
- 5 recipientes con cultivos de Ilex e Morus.
- 3 matraces con cultivos de Betula.
- 6 recipientes con medio de cultivo estéril.
- 6 recipientes estériles para desinfección de explantos.
- 2 botes de auga destilada estéril.
- 10 láminas de papel de filtro (15 x 10 cm) estériles.
- 1 bolsa de segmentos de rama de diversas especies forestais.
- 1 bolsa de substrato estéril Turba:Perlita (2 L).
- 1 bandexa alveolada de 12 alvéolos (150 mL/alv).
- 12 vasos de plástico.
- 3 tubos Eppendorf (2 mL) con AIB (0, 4000 e 8000 ppm, respectivamente) en talco.
Para adquirir un kit Vitroplant segue as instruccións da XuvenTenda.
Coa colaboración da