A sexta edición das ‘Xornadas XuvenCiencia para o profesorado’ ten como obxectivos fortalecer os vínculos entre os distintos actores da educación preuniversitaria e universitaria implicados na divulgación de coñecementos científico-técnicos e científico-sociais, ao tempo que supoñen unha introdución á metodoloxía científica para o traballo nas aulas de ensino secundario a través de kits de experimentación desenvolvidos polo profesorado universitario.
Nesta convocatoria, e como novidade, establécense dous programas formativos diferentes para profesorado xa veterano en XuvenCiencia e para aqueles docentes que por primeira vez decidan mergullarse no programa.
Profesorado «Veterano»
|
Profesorado «Novo»
|
N: Profesorado «Novo» que merca un kit nesta xornada.
V: Profesorado «Veterano» que xa ten un kit e non merca un kit nesta xornada.
Programa resumido
-
10 de xaneiro de 2020, sesión 1:
- Explicacións das actividades do kit e actividades básicas. (N)
- Deseño de proxectos de investigación nas aulas de secundaria utilizando os kits XuvenCiencia. (V)
-
11 de xaneiro de 2020, sesións 2 e 3: (só profesorado novo)
- Formación avanzada no kit elixido. (N)
-
Nunha data por determinar a principios de 2020, sesións 3 e 4:
- Obradoiro «A práctica investigadora na aula» (N+V)
-
29 de maio de 2020, sesión 6:
- Xornada de posta en común de resultados das iniciativas desenvolvidas na aula. (N+V)
Destinatarios/as: Profesorado de Ensino Secundario e de Formación Profesional das especialidades de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía e Tecnoloxía.
Organización: Grupo de Divulgación da Ciencia e da Tecnoloxía (XuvenCiencia) da USC.
Dirección: María de la Merced Novo Rodríguez
Secretaría: Wajih Al-Soufi
Inscrición
Anímate a participar! Inscríbete ata o 10 de decembro!
A adquisición dos kits a prezo reducido seguirá a orde estrita de inscrición!
Formulario de inscrición (http://bit.ly/VIXXC2019)
Kits de experimentación
Nesta xornada ofertamos 6 kits de experimentación, catro xa consolidados (VitroPlant, Animal CSI, Photonics Explorer e AquaLab) e dous que se desenvolven neste proxecto: DNA-MEAT (Ensaio molecular de trazabilidade animal) e Fotometrix (Análise fotométrica do contido de proteína). Atoparás información completa sobre os kits na ligazón: https://xuvenciencia.org/portal/xc-na-aula/
Prezos:
As xornadas de formación contan coa cofinanciación da USC, polo que a docencia é impartida completamente de balde polos integrantes do grupo universitario de innovación docente XuvenCiencia e o Campus de Lugo pon a disposición as súas instalacións. Por tanto, o profesorado de secundaria participante só terá que asumir unha taxa para cubrir os gastos de manutención durante a asistencia ás xornadas (30 € para profesorado novo e 20 € para profesorado veterano).
Por outra banda, a FECYT financia unha parte importante dos custes de desenvolvemento e preparación dos kits de experimentación, ata o 80% nos novos kits e o 30% nos kits xa desenvolvidos en anteriores proxectos. Nesta xornada ofértanse un total de 40 kits con prezos reducidos (6 Vitroplant, 6 Animal CSI, 10 Photonics Explorer, 8 Aqualab, 5 DNA-MEAT e 5 Fotometrix) así como 5 recargas do kit Vitroplant e 5 ampliacións do kit Aqualab tamén a prezos reducidos.
Prezos reducidos dos kits (soamente para asistentes das VI Xornadas e ata fin de existencias):
- DNA-MEAT (kit)
100 euros (80%redución) 250 euros (50% redución) - Fotometrix (kit) 100 euros (80% redución)
- Vitroplant (kit) 250 euros (30% redución)
Recarga: 175 € (30% redución) - Animal CSI (kit) 275 euros (30% redución)
- Photonics Explorer (kit) 275 euros (30% redución)
- AquaLab (kit) 225 euros (30% redución)
Ampliación: 50 € (30% redución)
Para formalizar a matrícula na Xornada, o profesorado deberá enviar o formulario de adquisición do kit debidamente cumprimentado polo responsable do seu centro educativo. Este formulario enviarase en resposta á inscrición.
Solicitada a homologación como actividade de formación permanente do profesorado á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e provisionalmente recoñecida como tal (recoñecemento definitivo suxeito ao cumprimento dos requisitos establecidos na Orde do 14 de maio de 2013, DOG 96).
Coa colaboración da