«Mergúllate na investigación!»
As xornadas de comunicación e información entre profesorado de ensino secundario e universitario organizadas polo Grupo de Divulgación da Ciencia e da Tecnoloxía da USC (XuvenCiencia) teñen os seguintes obxectivos:
- Crear vínculos e sinerxías entre os distintos actores da educación preuniversitaria e universitaria implicados na divulgación de coñecementos científico-técnicos.
- Dar información sobre o sistema docente universitario actual segundo a reforma do Proceso de Bolonia.
- Toma de contacto do profesorado de ensino secundario coa organización da investigación e con algunhas liñas específicas que se desenvolven no Campus de Lugo da USC.
- Por en marcha actividades conxuntas no contexto científico que teñan como obxectivo fomentar o interese do alumnado de ensino secundario pola ciencia e a tecnoloxía.
- Formar grupos de traballo de profesorado de ensino secundario e universitario para o desenvolvemento de materiais educativos, especialmente pequenos proxectos científicos.
VI Xornada XuvenCiencia para profesorado
Unha vez máis o grupo XuvenCiencia ten conseguido financiamento da FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología) para o proxecto ‘XuvenCiencia – Fago, logo aprendo’!
No marco deste proxecto, convidámosvos a participar na VI Xornada XuvenCiencia para profesorado, dirixida a profesorado de ensino secundario con interese en afondar na metodoloxía investigadora e promover a experimentación nas aulas cos kits desenvolvidos polo grupo XuvenCiencia.
10 de xaneiro de 2020:
– Explicacións das actividades do kit e actividades básicas. (N)
– Deseño de proxectos de investigación nas aulas de secundaria utilizando os kits XuvenCiencia. (V)
11 de xaneiro de 2020:
– Formación avanzada no kit elixido. (N)
Nunha data aínda por determinar a principios de 2020:
– Obradoiro «A práctica investigadora na aula» (N+V)
29 de maio de 2020:
– Xornada de posta en común de resultados das iniciativas desenvolvidas na aula. (N+V)
N: Profesorado «Novo» que merca un kit nesta xornada.
V: Profesorado «Veterano» que xa ten un kit e non 0 merca nesta xornada.
Máis información: VI Xornada XuvenCiencia para profesorado
Coa colaboración da