Os kits educativos «XuvenCiencia na aula» son materiais didácticos deseñados por profesorado experto da Universidade de Santiago de Compostela para fomentar o interese pola ciencia e a tecnoloxía dentro do contexto escolar. Destínanse especialmente ao desenvolvemento de actividades educativas de carácter práctico para que o estudantado adquira competencias científicas básicas mediante a realización de técnicas de investigación habituais, aprenda experimentando dunha forma divertida e complemente os coñecementos teóricos adquiridos na clase.
Instruccións para adquirir un kit «XuvenCiencia na aula»
Non se venden kits «XuvenCiencia na aula» sen a formación básica obligatoria.
Contacta connosco a través do correo xuvenciencia@usc.es para amosar o teu interese en participar na formación dalgún dos kits «XuvenCiencia na aula».
As sesións de formación dos respectivos kits realízanse en grupos de traballo reducidos. Cando contemos co grupo mínimo farase pública unha data de formación.
Unha vez establecida a data de formación, os pasos para participar e adquirir o kit son os seguintes:
- Descarga o formulario no seguinte enlace. A denominación do servizo e a oferta económica pódelas consultar no listado de prezos. El importe total es la oferta económica más un 21% de IVA.
- Enche os teus datos e os do teu centro. O director do centro ou persoa que autorice o gasto debe asinar e selar o impreso.
- Envía o documento escaneado a xuvenciencia@usc.es no prazo establecido.