A03 XuvenFeira: Tecnoloxías do futuro na EPSE. Modelaxe dun convertedor de enerxía mariña en canle de ondas e Areeiro de realidade aumentada

Obxectivo
Coñecer as tecnoloxías do futuro: realidade aumentada e enerxía das ondas mariñas.
Lugar de realización
Nave de Hidráulica, pavillón 3 EPS de Enxeñaría | Laboratorio de instrumentación, pavillón 3 EPS de Enxeñaría
Descrición
@s participantes poderán comprobar os procedementos actuais empregados en investigación punteira en enerxías mariñas para optimizar o deseño de convertedores de enerxía undimotriz a través da súa modelaxe física en canle de ondas, e así simular o seu comportamento en condicións reais de ondaxe.
Seguindo un modelo desenvolto na Universidade de Davis móstrase un simulador de mapas topográficos en 3D interactivo que se actualiza en tempo real cando o manipula o usuario. Tamén se pode simular a escorrentía de augas cando se “fai chover” sobre o terreo.