O Campus de Verán XuvenCiencia é unha actividade presencial dunha semana de duración
consistente en obradoiros, charlas interactivas, visitas a servizos e centros de investigación e,
sobre todo, proxectos científico-técnicos ou científico-sociais específicos, nos que o alumnado
participa activamente e entra en contacto con diversos eidos das ciencias e da tecnoloxía.

O XI Campus de Verán XuvenCiencia celebraráse na semana do 2 ao 8 de xullo de
2023 no Campus de Lugo.

Noticias

Vémonos no Campus de Verán Xuvenciencia!!!

Cando e onde ten lugar?

Do 30 de xuño ao 6 de xullo 2024, no Campus Universitario de Lugo.

Con programa científico de día, actividades lúdicas de tarde e noite e o aloxamento.

Aloxamento

O Campus de Verán XuvenCiencia ofrece prazas con aloxamento para todo o seu alumnado matriculado!

Quen pode participar?

O alumnado de 3º e 4º ESO e BAC así como ciclos medios de FP.

Que hai que facer para participar?

O proceso de inscrición consta de dous pasos:

  • Preinscrición
  • Matrícula

Que pretendemos?

  • Que coñezas a ciencia e a tecnoloxía de primeira man.
  • Fomentar o teu interese polas titulacións científicas, técnicas, sociais e humanísticas.
  • Facilitarche información para que poidas elixir mellor.
  • E, sobre todo, que fagas novas amizades e que o pases ben!

Campus Xuvenciencia

Aquí temos o vídeo de resumo do Campus de Verán XuvenCiencia 2021, realizado polo estudo e-Terra do Campus de Lugo da USC. Botádelle un ollo aos mellores momentos das actividades, os proxectos, os obradoiros e as propostas de lecer.