A06 As carrachas, presuntas culpables.

Obxectivo
Coñecer as carrachas que podemos atopar en Galicia e as enfermidades que poden transmitir a través do desenvolvemento dun caso clínico.
Lugar de realización
Laboratorio de parasitoloxía. Pavillón I planta baixa.
Descrición
Neste obradoiro traballaremos coas carrachas, eses pequenos animais que a miúdo atopamos alimentándose dos nosos cans, ou incluso, se temos mala sorte, de nós mesmos.
A través deste obradoiro os participantes coñecerán as carrachas que se atopan en Galicia e como estas van medrando dende que son unhas pequenas larvas ata converterse en adultos. Ademais mostrarase como atrapalas, como identificalas, aprenderemos que enfermidades poden transmitir e que procedementos se empregan nos laboratorios para o estudo e control das mesmas. Finalmente, daranse unhas pautas para que os participantes poidan saber como evitar as picaduras destes pequenos animais evitando así que poidan transmitirlles enfermidades.
Responsable(s)
Susana Remesar Alonso