Regresa a G-Night a Lugo o 29 de setembro

O programa inclúe obradoiros, demostracións e charlas de edición xenética, comunicación con fibra óptica, catas de pan, impresión 3D ou a vida dos parasitos. A Rúa Quiroga Ballesteros e o Mercado Municipal acollerán as actividades propostas para toda a familia de 18.00 a 22.00 horas. O grupo de innovación docente do Campus de Lugo da […]

Manuel Vicente súmase á apertura do Campus de Verán XuvenCiencia 2023

O condutor do Efervesciencia da Radio Galega impartirá un obradoiro de divulgación e compartirá a xornada cos 95 adolescentes que afianzarán as súas vocacións nos centros da USC en Lugo Sismoloxía, xenética, cociña molecular, fotosíntese artificial para obter enerxía, comunicación cientifica ou o cultivo de plantas in vitro son algúns dos proxectos ofertados nesta undécima […]

O Campus de Verán XuvenCiencia regresa a Lugo do 2 ao 8 de xullo

A undécima edición do campamento ofrecerá proxectos tanto de ciencia experimental e biosanitarios como de ciencias sociais e humanísticos para adolescentes de 4º de ESO, BAC e ciclos medios de FP. As preinscricións abren o 5 de maio ás 15.30 horas Regresa o Campus de Verán XuvenCiencia para unha undécima edición que se celebrará, como […]

Sabemos o que fixestes no #XuvenCiencia2022

Agora que xa pasou case un mes do décimo aniversario dos Campus de Verán XuvenCiencia 2022 gustaríanos facer balance para que lembremos e lembredes o chulísimo que foi. Unha semana completa de aprendizaxes, obradoiros, xogos, visitas, ciencia -claro- e tamén letras e, sobre todo, convivencia e lembranzas inesquecibles Traballamos durante a semana en 16 proxectos […]

XuvenCiencia reinvéntase en tempos de coronavirus e desescalada e lanza un Campus de Verán en Rede

Ante a imposibilidade de celebrar o campamento presencial, o grupo de innovación docente da USC en Lugo argalla para alumnado de 4º de ESO e BAC seis proxectos colaborativos para abordar un futuro sustentable logo da pandemia. A matrícula abre o vindeiro luns 8 de xuño O Campus de Verán XuvenCiencia 2020 será un campus […]

Participa e partilla!!!

Debido ao actual estado de alarma decretado pola pandemia de Covid-19 e tras coñecer esta semana as fases de desescalada previstas polo Goberno central, que impedirán a celebración do Campus de Verán XuvenCiencia nas datas e coas características coas que foi concibido, propoñémosvos a seguinte enquisa, na que podedes participar ao premer na seguinte ligazón: […]