Ciencia á Feira percorrerá oito municipios da provincia de Lugo da man de XuvenCiencia

O proxecto do grupo de innovación docente do Campus de Lugo da USC foi seleccionado pola FECYT na convocatoria de axudas ao fomento da cultura científica. As actividades aproveitarán os mercados tradicionais para abordar contidos como a prevención das doenzas transmitidas por carrachas, a xestión sustentable da auga e os microenxertos e micorrizas. Organizaranse obradoiros […]

Os kits Fotometrix de XuvenCiencia chegarán a milleiros de estudantes daneses a través da Universidade de Copenhague

O grupo de innovación docente do Campus de Lugo da Universidade de Santiago emprende con éxito a internacionalización da súa estratexia de experimentación científica para as aulas de ensino medio O departamento de Extensión Docente da Facultade de Ciencias da Universidade de Copenhague (Dinamarca) vén de comezar a traballar cos kits Fotometrix, deseñados para a […]

Os Espazos Xoves da Xunta reciben os obradoiros de XuvenCiencia

Curtis, Vilalba, Ourense, Pontedeume, Viveiro e Chantada acolleron propostas para nenos/as e mozos/as, que puideron experimentar coas proteínas, o ADN e o diagnóstico veterinario. Estas actividades están incluídas na programación da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta Persoal investigador da USC ligado ao grupo de innovación docente XuvenCiencia e á asociación de investigador@s AgroMar, ambos […]

XuvenCiencia acada o recoñecemento do movemento ‘maker’ polo seu labor de divulgación

A Maker Faire Galicia celebrada este verán na Cidade da Cultura premiou o grupo de innovación docente do Campus de Lugo da USC polos seus kits de experimentación para seren usados en institutos e colexios. O labor de divulgación científica e técnica que se desenvolve a través do grupo de innovación docente do Campus de […]

Estudantes de Portugal, Santiago e Lugo coñecen o Campus de Lugo da USC grazas ao proxecto europeo Phereclos

XuvenCiencia e a facultade de ADE luguesas súmanse á Universidade de Porto. Os adolescentes achegaranse aos centros universitarios e á cidade, participarán nun obradoiro en emprendemento tecnolóxico, conversarán con CEO de start-up e visitarán as instalacións da empresa tecnolóxica AMSLab Sesenta estudantes preuniversitarios da localidade portuguesa de Valongo —duns 90.000 habitantes no distrito do Porto—, […]

XuvenCiencia leva a súa experiencia a unha vintena de institutos e colexios de toda Galicia da man da programación Aula Nova do Centro Autonómico de Formación e Innovación da Xunta

O grupo de innovación docente do Campus de Lugo da USC imparte desde esta semana un obradoiro sobre metodoloxía científica para profesorado de secundaria O deseño de experimentos nas aulas de ensino secundario e a metodoloxía científica centran os obradoiros que o grupo de innovación docente XuvenCiencia do Campus de Lugo da USC desenvolverá desde […]

XuvenCiencia e a Facultade de ADE de Lugo súmanse a un equipo lusogalaico nun proxecto piloto de emprendemento tecnolóxico en BAC e FP

O proxecto PHERECLOS da convocatoria europea Horizon2020 vén de aceptar unha proposta liderada pola Universidade do Porto na que se integran, ademais dos anteditos centros da USC, os institutos Lucus Augusti e A Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo, Xelmírez II de Santiago, a Porto Business School, a Escola Profissional de Valongo e a […]

XuvenCiencia levará obradoiros e unha vintena de investigadoras ao CEIP Paradai para celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia

O grupo de innovación docente XuvenCiencia do campus de Lugo da USC está a preparar unha xornada especial no CEIP Paradai de Lugo para celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia o vindeiro 12 de febreiro. Unha vintena de investigadoras da Universidade de Santiago (profesoras, doutorandas e estudantes dos últimos cursos de grao) […]